O día 3 de xuño as enenas e nenos de infantil puidemos disfrutar da visita do servizo forestal de extinción de incendios de Monforte de Lemos, que se achegaron ata a nosa escola para darnos unha charla na que aprendemos moito sobre aimportancia de manter vivos os nosos bosques. Tamén nos ensinaron cales son as súas ferramentas de traballo, os seus traxes e nos permitiron probalos, suxeitar as amngueiras e conducir os camións motobomba. Pasámolo en grande e quedamos encantados coa experiencia.





Ningún comentario:
Publicar un comentario