PAGINAS

sábado, 13 de febreiro de 2016

TRABALLANDO XUNTOS CON MANUEL MARÍA

SONETOS AO VAL DE QUIROGA.

O venres 12 de febreiro achegámonos ata o auditorio de Quiroga, para asistir á presentación da reedición desta fermosa obra de Manuel María, autor a quen este ano se lle adica o Día das Letras Galegas. Na que xunto coas nenas e nenos do Ceip e as mozas e mozos do IES de Quiroga participamos aportando os nosos debuxos para a ilustración dos seus sonetos.
Alí estiveron con nós as autoridades dos dous concellos ademais dun representante da Fundación Manuel María, quenes nos agasallaron cun exemplar deste libro para cada un de nós. Realmente para todos nós foi toda unha experiencia.





AS COMADRES, OS COMPADRES E A FESTA

Nas semanas anteriores ao Entroido na nosa escola imos quentando motores e facémolo divertíndonos creando coa axuda das nosas familias cadansúa comadre e cadanseu compadre, cos que o día da festa de Entroido no cole facemos tamén un xogo moi entretido.

NO ENTROIDO VISITANOS O MECO

Coa chegada do Entroido apareceu este ano tamén a figura do Meco, unha personaxe que nos trae mandados durante toda a semana e que nos invita a ir disfrutando da festa.

O DÍA DA PAZ

Este ano no mes de xaneiro para celebrar o Día da Paz fixemos unha videoconferencia coas nenas e nenos do Ceip Ricardo Gasset de O Incio. Con eles intercambiamos música, contos e actividades que falan da Paz coas queremos contribuir poñendo o noso pequechiño gran de area a espallar a Paz polo mundo.



O FESTIVAL DO NADAL

Para rematar ben o primeiro trimestre e celebrar con ledicia a chegada do Nadal nada mellor que facelo cun festival no que disfrutamos da festa na compaña das nosas familias e amigos de San Clodio.