No Ceip de San Clodio queremos colaborar de novo este ano aportando unha pequena axuda a persoas en dificultade, por iso xuntamos roupa para colaborar cunha campaña solidaria de recollida de roupa coa asociaón Mariola Solidaria. Grazas a todos os que nos botaron unha man.
mércores, 29 de novembro de 2017
FESTAS DO OUTONO NA ESCOLA
Este curso como nos anteriores quixemos divertirnos todos xuntos facendo festa con ocasión do Samaín e aproveitamos para degustar tamén un magostiño coas castañas cas familias puideron xuntar, con certo traballo eso si, pois este ano eran moi escasas pola sequía que estamos padecendo tamén nesta zona. Por iso lles agradecemos de corazón a súa inestimable axuda, coma sempre.
DEixamos aquí unha mostra dos nosos disfraces de medo, as cabazas terroríficas e o Conto Colectivo que elaboramos entre todas as nenas e nenos do colexio traballando en equipo. Unha preciosidade!.
DEixamos aquí unha mostra dos nosos disfraces de medo, as cabazas terroríficas e o Conto Colectivo que elaboramos entre todas as nenas e nenos do colexio traballando en equipo. Unha preciosidade!.
AVENTURA NO CAMIÑO DE INVERNO
O 4 de outubro as nenas e nenos máis maiores da escola participaron no percorrido dun
tramo do Camiño de Inverno a Santiago compartindo a experiencia con outros
nenos e nenas de centros de diferentes localidades. E aquí tedes unhas fotos desta andaina e da posterior visita ao Pazo de Arxeriz. Unha fermosa aventura.
TAREFAS DE OUTONO NA ESCOLA
AS NENAS E NENOS DO CEIP DE SAN CLODIO ESTAMOS MOI ORGULLOSOS DO NOSO COLE E COLABORAMOS TRABALLANDO NAS TAREFAS DO NOSO XARDÍN.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

