PAGINAS

mércores, 3 de outubro de 2018

TRABALLOS DE OUTONO NO HORTO ESCOLAR

CHEGADO O OUTONO É HORA DE FACER A COLLEITA DOS FROITOS QUE PLANTAMOS EN XUÑO ( CABAZAS, CABACIÑAS, PATACAS...). PERO TAMÉN É O MOMENTO DE  SEMENTAR UNS BOS NABOS PARA O INVERNO.



Para ver as imaxes dos traballos pinchade no seguinte enlace:

https://youtu.be/tsycQDn8wmM

martes, 5 de xuño de 2018

VISITA DO CLUB DE LECTURA DO IES DE QUIROGA

 O mércores 30 de maio tivemos a sorte de recibir a visita dos membros do Club de lectura do Instituto de Quiroga, algúns deles ex-alumnos deste centro para facer unhas lecturas aos nenos e nenas de Infantil , 1º e 2º de Primaria . Foi un encontro de moita ilusión para todos e todas, onde se xuntan a ledicia dos pequenos  porque os grandes veñen a facerlles o agasallo da lectura de contos e poemas ben fermosos e a emoción dos maiores para vir a vernos outro ano máis.
Nós para agradecer o seu traballo e esforzo cantámoslles unha cancionciña e fixemos uns marcapáxinas de agasallo.
Un pracer contar con xente tan estupenda. agardamos que se repita.

luns, 28 de maio de 2018

TRASPLANTANDO O XARDÍN DE INTERIOR

O ano pasado pu´xemonos a plantar as primeiras plantiñas para montar o noso xardín interior do cole e este ano que xa medraron moito chegou o momento de trasplantalas para que sigan medrando e collendo forza. Para iso trouxemos cada un de nós unha bolsa de terra da casa e mesturámola co compost.








sábado, 26 de maio de 2018

Sementando patacas

Desta volta tocounos aprender sobre patacas, así utilizamos esta actividade para investigar sobre elas e descubrimos que unhas das máis antigüas son as moradas que ademais de bonitas e raras son moi nutritivas e saborosas. Sementamos patacas brancas e tamén das moradas para que nazan e poder velas medrar na nosa horta ao lado das lentellas, a cabazas e demais froitos que xa temos nacidos, dentro dunhas semanas.





Sabela Contacontos

Desta vez puidemos disfrutar dun fermoso contacontos na nosa biblioteca e no que mentras Sabela nos ía contando a historia, puidemos participar e dramatizar. Tempo de risas e xogos, tempo de letras e historias. Pero sobre todo, fermosos intres para todos.




Visita a Fervenzaventura- Silleda

Marchamos de excursión todos xuntos!, o día 14 de maio viaxamos ata Silleda para pasalo día disfrutando das instalacións de Fervenzaventura. Foi un día moi intenso con moitas vivencias que recordaremos durante bastante tempo. Pola mañá adicámonos a visitar a granxa de animais para prender os seus nomes, cracterísticas e os coidados que precisan. Logo visitamos o horto ecolóxico no que obsevamos as propiedades que ten un horto destas características e no que tamén nos propuxeron plantar un bancal de leitugas. Qué sorte poder ir xa practicando e así aprender tantas cousas interesantes, cousas que poderemos logo aplicar ao noso propio horto, ese que estamos a construir no noso colexio.
Despois de xantar foi tempo de amasar o pan e cocer no forno os nosos bolicos que logo levamos para a merenda na casa. E como colofón tempo de xogos cunha "Gimcana no bosque" para  os maiores e xogos tradicionais para os máis pequechos.








AMASANDO PASTA DE SAL

Aprender a ler cales son os ingredientes que se necesitan e descifrar unha receita para poder seguir os pasos na súa elaboración son algúns dos requisitos imprescindibles para poder facer este obradoiro no que amasar a pasta de sal era o argumento principal para facer unha actividade de animación á lectura e traballo en equipo. Gustou moito e estendeuse a súa duración por varias semanas.  Seguro que repetiremos!.






O DÍA DA 1ª COLLEITA

Nas semanas anteriores plantaramos no noso patio amorodos, logo de aprender un montón de cousas sobre os coidados necesarios sacando as herbas malas, regando... e agora en maio puidemos recoller xa os primeiros froitos do noso traballo. Todo un acontecemento, poder recoller e degustar o froito foi unha experiencia moi satisfactoria  para todos nós.





CONCERTO DIDÁCTICO

A visita de Abraham Cupeiro ao noso centro o día 2 de maio trouxonos a todos ledicia e bo humor, ademais dun percorrido pola evolución dos instrumentos musicais ao longo da historia do ser humano, que nos deixou a todos coa boca aberta, Foi todo un descubremento! Para nós e para as familias que nos quixeron acompañar nesta actividade con tanto  ritmo e diversión e que se puido realizar grazas á colaboración do concello de Ribas de Sil.








martes, 24 de abril de 2018

Plantacións de froitos vermellos no noso patio

Coa chegada do bo tempo estamos creando unha zona de horto escolar no patio e para empezar este ano escollemos froitos vermellos para podelos degustar cando medren. Aprendemos os seus nomes e os coidados que necesitan.







IIª XORNADA SEMENTAR SEMENTAREI

Nesta ocasión realizáronse 2 actividades a 1ª foi un obradoiro de elaboración de bolas arxila  e a segunda a plantación dunha zona recentemente afectada pola vaga de incendios do ano pasado.



venres, 20 de abril de 2018

GUÍAS DOS BOLECHAS

Os Bolechas achegáronse de novo este ano á nosa escola a través de diferentes guías e contos, que nos axudan a descubrir o noso entorno e desenvolver actitudes axeitadas de respecto e voluntariado no noso alumnado, estas personaxes chegaron á nosa escola grazas á colaboración do Consorcio Galego e ó servizo de Voluntariado e Participación do Concello de Ribas de Sil e da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.




CHARLAS SOBRE O CONSUMO

 DÍA 11 DE ABRIL.

 Nesta xornada escoitamos con gran satisfacción os consellos que nos ofreceron dende a Escola Galega de Consumo sobre a publicidade, os xoguetes e o consumo.

A Escola Galega de Consumo  como promotora de formación e innovadora, axeitándose ás novas realidades de consumo achega o programa CORES, Educación para o Consumo Responsable coa finalidade de  dar resposta ás demandas formativas sociais da cidadanía en materia de consumo en función da súa posición de vixía das tendencias de consumo actual. O programa pretende acercar a educación en materia de consumo  responsable ao maior número de destinatarios posible, adaptándose ás súas necesidades. 
·       Nos obradoiros as distintas temáticas trabállanse  a través de dinámicas que amosan situacións de consumo da vida cotiá.
·         Na Charla participativa: as distintas temáticas trabállanse a través dunha explicación oral, apoiadas cunha presentación audiovisual de maneira que se facilite a participación do alumnado.   










LECTURAS DOS VENRES

Cada venres temos unha importante visita na nosa clase, é un momento moi agardado por todas e todos, poto que un dos maiores do cole visita o recantos dos contos na aula de infantil para ler unha aventura aos máis pequechos. Un xeito máis de fomentar a lectura na nosa língua e disfrutar da mellor das compañas.