PAGINAS

sábado, 15 de abril de 2017

COLABORAMOS NUNHA CAMPAÑA SOLIDARIA

Ao longo da 1ª semana de abril na nosa escola levamos a cabo unha actividade de recollida de roupa e calzado usados para colaborar con Mariola Solidaria, que está a realizar unha campaña solidadria en beneficio da ONG GLOBAL HUMANITARIA en países como a India e Guatemala.

Na campaña do 2017 o proxecto co que van a colaborar é o "FOGAR DE ACOLLIDA FULTALA, BARUIPUR" na India. O Proxecto consiste en proporcionar atención integral a 35 nenas en situación de vulnerabilidade a través deste fogar, que leva funcionando dende maio do 2003 e que está xestionado por BSSK e Global Humanitaria. As beneficiarias son as nenas que vivían nas estacións do tren e nas chabolas adxacentes de Calcuta e Baruipur. Tamén se ofrece apoio a nenas que carecen de familiares ou que se ven incapacitados para ocuparse delas e, polo tanto, viven en absoluto estado de desproteción e falla de dereitos básicos.

Para máis información poden dirixirse ao teléfono 96 6516656 ou ao correo electrónico info@esmariola.com.

venres, 14 de abril de 2017

CONVIVENCIA CO CEIP DA POBRA DO BROLLÓN

O día 31 de marzo, tivemos de novo no noso cole unha visita das máis agardadas do ano, ás nosas amigas e amigos do Ceip da Pobra do brollón, para pasar un día ben divertido e disfrutar todos xuntos.
Para darlles a benvida fixemos unha paancarta e unhas palabras de acollida. Despois dun pequeno aperitivo fomos xuntos cara o concello para disfrutar da actuación de Migallas,  ao voltar os maiores disputamos un partido de fútbol  e tivemos un obradoiro para os máis pequechos na nosa biblioteca, logo comemos, intercambiamos uns pequenos agasallos e xa chegou o tempo da despedida cunha foto de grupo para lembrar este fermoso día. Paounos o tempo voando....
Xa estamos agardando que chegue a ocasión de xuntarnos de novo o ano que vén.

luns, 3 de abril de 2017

A MIÑA TERRA GALEGA PINTADA

Dentro das actividades que podemos facer co galego está a de observar a nosa Terra Galega e logo con moito agarimo pintala a ela e ás súas costumes.