PAGINAS

sábado, 24 de decembro de 2016

UNHA POSTAL EN GALEGO PARA O NADAL

Como noutros anos dende o Ceip de San Clodio queremos enviarvos os nosos mellores desexos para estas festas e o ano novo. Bo Nadal para todos cantos formades parte da nosa escola e nos acompañades dun xeito ou outro.

NADAL 2016 NO CEIP DE SAN CLODIO

Como cada ano no Ceip de San Clodio vimos festexando o Nadal cun festival compartido coas familias, os amigos e veciños. Aquí queda unha pequena mostra dalgún dos mellores momentos deste ano. Bo Nadal e felices festas para todos.

domingo, 18 de decembro de 2016

CARTA EN CADEA

O día 1 de decembro enviamos unha carta en cadea que chegou ata nós dende o concello de Ribas de Sil, e que viña xa dende outros concellos, asociacións, e coles polos que anteriormente pasara antes de chegar a nós, era unha carta dun neno con cancro que pedía axuda para entrar no libro dos record Guinnes, e nós tamén quixemos botarlle unha man, estas son algunhas das imaxes.


venres, 18 de novembro de 2016

MAGOSTO 2016

Día de magosto na nosa escola, día de castñas asadas, risas cos amigos, xogos ben divertidos coma a diana castaña, carreiras de sacos, a castaña-culler, os aros, a castaña agochada ... e sobre todo festa!

mércores, 16 de novembro de 2016

O XARDÍN INTERIOR

Ademais do xardín do patio, estamos tamén creando un pequeno espazo dentro do cole para coidar un xardín interior.  Así, cada un dos nenos e nenas de primaria prantou a súa pranta nunha maceta de terra que trouxemos da nosa casiña e mesturamos con abono para que lles de alimento durante os próximos meses.



O XARDÍN DO NOSO PATIO

Nestes días de comezo do outono estamos traballando moito, para aproveitar os días de bo tempo e porque queremos construir un fermoso xardín que embeleza o noso patio da escola.
Nas últimas semanas estivemos preparando a terra e hoxe por fin comezamos coa plantación de varias prantas enredadeiras que adornarán un dos muros do patio. Para os traballos máis duros contamos coa axuda dun traballador do concello que nos fixo unha zanxa, na que logo nós preparamos a terra mesturada co abono que logo vai dar vida ás prantiñas que vaiamos poñendo nela.
Ademáis as nenas e nenos de infantil prantamos anaquiños de edras que iremos coidando dentro da aula ata que boten raíces fortes, e que logo pasaremos a prantar fóra, para que medren ben fortes.


martes, 8 de novembro de 2016

SAMAÍN- HALLOWEEN 2016

Esta é unha selección dalgunhas das imaxes que nos deixou neste ano esta festa do noso cole. Contos e debuxos para saber a qué temos medo, pantasmas pintados cos pés, obradoiros de pintura e maquillaxe, disfraces que nos poñen os pelos de punta, comidas que arrepían o corpo no comedor, xogos no patio para morder mazás ou escoller truco ou trato e doces asquerosamente deliciosos, como fan noutros lugares do mundo, festa e entrega de diplomas polas cabazas talladas na casa coas familias, son algunhas das actividades levadas a cabo esta semana na nosa escola.
Escalofriantemente divertido! Uuuuuuuuh!

REVISTA ANDURIÑA 2015-16

Presentamos aquí a última edición da nosa revista anual, pretendendo que sirva de lemnranza dos mellores momentos do curso 2015-2016.


martes, 3 de maio de 2016

DEFENDENDO O GALEGO

O CARTEL PUBLICITARIO

As nenas e nenos está rodeados de publicidade de todo tipo, carteis, anuncios, folletos... son algúns dos primeiros textos que se atopan ao seu arredor. por iso a publicidade pode ser utilizada nas nosas aulas tanto para o aprendizaxe da lectura e escritura como dende a faceta creativa desde este tipo de texto.
Isto foi o que nos levou a centrarnos no cartel publicitario para promocionar o uso da língua galega.






CONVIVENCIA CO CEIP DA POBRA DO BROLLÓN

O venres 29 de abril marchamos de visita a ver á nosas amigas e amigos da Pobra de Brollón foi un día cheo de entusiasmo, con visitas ás panadarías onde nos permitiron amasar, facer e cocer os noso propios bolicos que despois puidemos levar para a casa aos máis pequechos do cole e onde os maiores puideron facer unha ruta de sendeirismo para visitar as bodegas de viño  e o mirador de Vilachá na  Ribeira Sacra, unha fermosa paisaxe na que estreitar lazos coas nosas compañeiras e compañeiros de Brollón. E para rematar despois dun saboroso xantar xogos compartidos no patio.

Un día estupendo para todos, que agardamos se poda repetir en moitas outras ocasións.







xoves, 21 de abril de 2016

UN HORTO GALEGO ALTERNATIVO

Un horto alternativo fabricando os nosos propios recipientes de cultivo reciclados


Gracias a este tipo de hortos , podemos utilizar espazos e lugares valeiros do cole ou da casa, para cultivar os nosos propios alimentos de forma ecolóxica, segura e ademais son un excelente motivo decorativo que dará cor ao noso cole, á nosa casa ou xardín. E por enriba permítenos coñecer o nome galego das prantas que estamos a cultivar.
Existen hortos verticais, colgantes e a ras do chan, grandes e pequenos, pero en todos eles se pode cultivar deliciosas plantas aromáticas, verduras para as ensaladas e outros vexetais. Ademais poden construirse fácilmente, reciclando diversos materiais e obxectos cotiás, o que é bo para o medio ambiente e para o noso peto.

Únete a unha agricultura máis saudable e ecolóxica !






venres, 15 de abril de 2016

PINTANDO GALICIA

QUE PODEMOS FACER EN GALEGO ?

En galego podemos pintar. Pintar a nosa terra galega. Por iso empezamos por coñecer cales son as nosas prantas autóctonas, e unha vez coñecemos o seu nome poñémonos pintar.

venres, 18 de marzo de 2016

O DÍA DA ÁRBORE

O 21  e 22 de marzo celébranse os Días Internacionais da Árbore e da Auga.
Dende a Deputación de Lugo poñen novamente en marcha a campaña de divulgación e concienciación medioambiental destinada ao alumnado de educación primaria e infantil.

 ESTE ANO COMA EN ANOS ANTERIORES ESTIVEMOS HOXE PLANTANDO O NOSO FERMOSO EXEMPLAR DE CASTIÑEIRO AO QUE BAUTIZAMOS CO NOME DE
"MANOLIÑO".





martes, 1 de marzo de 2016

PASAPORTE LECTOR

Esta actividade consiste en que as nenas e nenos de infantil deben completar un pasaporte lector. Para iso teñen que ler varios libros e rexistrar o pasaporte co número do libro. Ademais tamén elaboran unha páxina con debuxos ou ir escribindo algo sobre o seu contido, en cada libro lido.  Con todos eles ao final do curso elaborase un libriño: o Libro dos nosos contos.

PALABRAS GALEGAS CON ENCANTO

Esta actividade consiste en cubrir unas tarxetas nas que se escriben a palabra galega que máis lles gusta, ben sexa polo seu significado, sonoridade, etc.
Na tarxeta tamén se escribe o seu significado e faise un debuxo do que lle suxire dita verba.



sábado, 13 de febreiro de 2016

TRABALLANDO XUNTOS CON MANUEL MARÍA

SONETOS AO VAL DE QUIROGA.

O venres 12 de febreiro achegámonos ata o auditorio de Quiroga, para asistir á presentación da reedición desta fermosa obra de Manuel María, autor a quen este ano se lle adica o Día das Letras Galegas. Na que xunto coas nenas e nenos do Ceip e as mozas e mozos do IES de Quiroga participamos aportando os nosos debuxos para a ilustración dos seus sonetos.
Alí estiveron con nós as autoridades dos dous concellos ademais dun representante da Fundación Manuel María, quenes nos agasallaron cun exemplar deste libro para cada un de nós. Realmente para todos nós foi toda unha experiencia.





AS COMADRES, OS COMPADRES E A FESTA

Nas semanas anteriores ao Entroido na nosa escola imos quentando motores e facémolo divertíndonos creando coa axuda das nosas familias cadansúa comadre e cadanseu compadre, cos que o día da festa de Entroido no cole facemos tamén un xogo moi entretido.

NO ENTROIDO VISITANOS O MECO

Coa chegada do Entroido apareceu este ano tamén a figura do Meco, unha personaxe que nos trae mandados durante toda a semana e que nos invita a ir disfrutando da festa.

O DÍA DA PAZ

Este ano no mes de xaneiro para celebrar o Día da Paz fixemos unha videoconferencia coas nenas e nenos do Ceip Ricardo Gasset de O Incio. Con eles intercambiamos música, contos e actividades que falan da Paz coas queremos contribuir poñendo o noso pequechiño gran de area a espallar a Paz polo mundo.



O FESTIVAL DO NADAL

Para rematar ben o primeiro trimestre e celebrar con ledicia a chegada do Nadal nada mellor que facelo cun festival no que disfrutamos da festa na compaña das nosas familias e amigos de San Clodio.