O venres 29 de abril marchamos de visita a ver á nosas amigas e amigos da Pobra de Brollón foi un día cheo de entusiasmo, con visitas ás panadarías onde nos permitiron amasar, facer e cocer os noso propios bolicos que despois puidemos levar para a casa aos máis pequechos do cole e onde os maiores puideron facer unha ruta de sendeirismo para visitar as bodegas de viño e o mirador de Vilachá na Ribeira Sacra, unha fermosa paisaxe na que estreitar lazos coas nosas compañeiras e compañeiros de Brollón. E para rematar despois dun saboroso xantar xogos compartidos no patio.
Un día estupendo para todos, que agardamos se poda repetir en moitas outras ocasións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario