O mércores 30 de maio tivemos a sorte de recibir a visita dos membros do Club de lectura do Instituto de Quiroga, algúns deles ex-alumnos deste centro para facer unhas lecturas aos nenos e nenas de Infantil , 1º e 2º de Primaria . Foi un encontro de moita ilusión para todos e todas, onde se xuntan a ledicia dos pequenos porque os grandes veñen a facerlles o agasallo da lectura de contos e poemas ben fermosos e a emoción dos maiores para vir a vernos outro ano máis.
Nós para agradecer o seu traballo e esforzo cantámoslles unha cancionciña e fixemos uns marcapáxinas de agasallo.
Un pracer contar con xente tan estupenda. agardamos que se repita.
