PAGINAS

mércores, 24 de abril de 2019

CONVIVENCIA CON POBRA DE BROLLÓN




O día 11 de abril viñeron a visitarnos as nenas e nenos do ceip da Pobra de Brollón para pasar unha xornada de convivencia que nos permita intercambiar experiencias e disfrutar xuntos dun fermoso día no que puidemos visitar os museos Xeolóxico e o Etnográfico de Quiroga, facer unha ruta polos Miradores do Xeoparque Montañs do Courel en Ribas de Sil para os máis maiores e disfrutar do Parque do río Sil para os máis pequenosdos ous centros.

SOMOS XEOPARQUE

O noso obxectivo de formar parte dun Xeoparque Mundial recoñecido pola Unesco xa está conseguido e que orgullosos estamos. Ao longo dos meses pasados fomos facendo diversas actividades, así coa axuda do Museo Xeolóxico puidemos achegarnos a este tema dun xeito moi ameno e divertido.





DÍA DA ÁRBORE E A AUGA

Como en anos anteriores este ano como en edicións anteriores participamos na actividade que nos ofrece a Deputación de Lugo para plantar nesta ocasión un ameneiro no noso patio traseiro. Ademais puidemos disfrutar dunha xornada de lecturas apadriñadas na que os maiores do cole len un contiño aos máis pequechos. Foi unha xornada moi interesante para todos nós.





PLANTACIÓNS DE PRIMAVERA NO INVERNADOIRO

Coa chegada da primavera vén o tempo de plantar xa as nosas verduriñas no invernadoiro xa: fabas, cabaciñas, cabazas, allos, cebolas... Aquí nos tedes traballando un montón e de paso aprendendo moitas cousiñas ben interesantes sobre os seus coidados e as diferentes necesidades de cada unha delas. Esto é moi motivador para as nenas e nenos e tamén lles aporta coñecementos importantes sobre a natureza e tamén unha alimentación sa e equilibrada.


AS ABELLAS E O MEL

Este foi un proxecto de traballo no que estivemos investigando sobre o mundo das abellas e a produción do mel. Primeiro as nenas e nenos de infantil levaron a cabo unha investigación durante varias semanas e foron facendo un mapa conceptual e xuntando materiais que máis tarde comprtiron cos seus compañeiros maiores do resto dos cursos do cole. E finalizamos coa Charla que veu a ofrecernos a Cooperativa de Mel de Galicia, que nos ensinou o que é unha colmea como traballan as abellas, cal é afunción dos apicultores e por último uns agasalliños estupendos: mel, globos.... Foi toda unha ventura descubrir como funciona o mundo destaes animaliños tan importantes para nós e para o planeta.




ENTROIDO 2019

E pouco a pouco foise achegando unha data moi especial para nós, unha época de troula e diversión, o Entroido chamou á nosa porta ainda que este ano algo tardío. Como na escola estamos levando a cabo un proxecto anual dos Superheroes, e nós temos anosa propia superheroina A MULLER DE XEO, diseñada por nós mesmos decicimos tamén nós facer uns disfraces coma o seu. foi un día de xogos, música e diversión.



O DÍA DE ROSALÍA

Unha das cousas que máis nos gusta é o traballo en equipo, así aproveitamos o Día de Rosalía para pasalo ben ao recitar versos da nosa escritora favorita e estas son algunhas das imaxes do noso traballo, un traballo moi ben feito por certo.


UNHA VIAXE A LUGO

Foi un día de moitas sorpresas, unhas mellores e outras un pouco menos.
Empezamos o día nunha viaxe en bus, o que sempre nos anima a todos e que nos encanta compartir. Ao chegar a Lugo collemos forzas cun plátano e un zume para aguantar toda a mañá antes de entrar a disfrutar da obra de teatro que mestura música e danza " Burbullas de papel" no auditorio Gustavo Freire, houbo algo de retraso ao empezar pois tivemos que agardar por un dos coles cos que compartimos o día.
Dende alí marchamos cara o Museo Provincial onde nos ofreceron a posibilidade de disfrutar dunha exposición de elementos da prehistoria atopados en varias covas dun dos xacementos máis importantes do noroeste peninsular e logo participamos en dous obradoiros que nos permitiron coñecer de primeira man cousas ben interesantes sobre a evolución dos seres humáns.
Cando saimos do museo era xa ben tarde. Quedámonos sen tempo para achegarnos ao parque fluvial onde queriamos comer os bocatas, pero oh sorpresa! esquecerámolos no cole,  así que comemos as mazás e as galletas de chocolate que tiñamos, pois ainda que quixeramos ir a mercar outros bocadillos xa non tiñamos tempo para poder voltar á casa a tempo. Fixemos o camiño de volta e comemos os nosos bocatas esquecidos ao chegar á escola. A próxima vez teremos que ter mellor memoria, pero seguro que despois desta non se nos volven a quedar na neveira. A pesar de todo aproveitamos ben o día e pasámolo en grande cos nosos amigos e amigas.

O DÍA DA PAZ

Como unha das actividades máis importantes do noso cole temos o traballo en favor de actitudes e valores que fomenten a Paz, así na escola adicámonos a dialogar e buscar as Palabras galegas positivas  e negativas para a convivencia en Paz. Polo que nos adicamos durante semanas a construir entre todos unha árbore con raices fondas que perduren na nosa conciencia e sexa parte indeleble das nosas nenas e nenos para sempre.


UNHA ÁRBORE CON TARXETAS DE NADAL

Este ano na nosa escola e con moito agarimo decidimos facer uns adornos moi especiais para a nosa árbore de Nadal. UNhas fermosas tarxets nas que exercitamos a nosa creatividade con historias, contos, alguhha poesía e panxoliñas en galego que nos inventamos nós mesmos. Fíxose unha posta en común e así cada un dos nenos e nenas puido ensinar o seu traballo aos seus compañeiros.








martes, 23 de abril de 2019

SEMENTEIROS DE INVERNO

Nos derradeiros días do inverno é o momento de empezar a poñernos a facer os sementeiros das plantas que logo iremos traplantando coa chegas da primavera. Aquí nos vedes sementanso acelgas, leitugas, tomates pementos...



APRENDEMOS A COMPOSTAR

Para elaborara o compost que logo imos utilizar na nosa horta empezamos por aproveitar as folllas e restos orgánicos do horto e a cociña do noso cole. Este compost será logo aproveitado par abonar os cultivos máis adiante.




IGUALDADE DE XÉNERO

Día a día na escola traballamos por facer efectiva a igualdade de xénero e loitamos contra a violencia  de calquera tipo  pero especialmente contra as mulleres.
Estas son algunhas das imaxes do día.




Un Invernadoiro no noso horto

Como somos moi curiosos e ademis  uns grans traballadores propuxémonos montar un invernadoiro que nos de a oportunidade de experiemntar e "aprender facendo" que é o xeito de aprender e coñecer o mundo que nos rodea que máis nos gusta. Cousa que foi posible grazas á axuda das familias que estiveron presentes durante moitas xornadas ao noso lado e nos axudaron a montalo. Dende aquí queremos agradecer enormemente o seu traballo ao noso lado.






Samain e Magosto 2018



Un ano mais o Samain traenos á escola unha oportunidade de pasalo moi pero que moi ben na escola, xogos de superheroes, obradoiros e exposición coas cabazas, Magosto, disfraces terroríficos e entrega de diplomas por tanto traballo ben feito.

CONCERTO BRINCA VAI

Un momento de gran espectación e no que desfrutamos moito foi cando puidemos ver en directo no Salón de actos do concello.


luns, 22 de abril de 2019

DESCUBRINDO NOVOS ROTEIROS- o Camiño de Inverno

Como en anos anteriores o outono sempre é un bo momento para facer unha viaxe a través doutro novo tramo do camiño de Inverno no Camiño de Santiago. Como sempre acompañados dos profes e os nenos e nenas doutros coles do noso entorno proporcionáronnos unha xornada na que a ledicia de estar xuntos nos fai medrar e aprender novas cousas do noso mundo e a nosa terra galega.