Coa chegada do bo tempo estamos creando unha zona de horto escolar no patio e para empezar este ano escollemos froitos vermellos para podelos degustar cando medren. Aprendemos os seus nomes e os coidados que necesitan.
martes, 24 de abril de 2018
IIª XORNADA SEMENTAR SEMENTAREI
Nesta ocasión realizáronse 2 actividades a 1ª foi un obradoiro de elaboración de bolas arxila e a segunda a plantación dunha zona recentemente afectada pola vaga de incendios do ano pasado.
venres, 20 de abril de 2018
GUÍAS DOS BOLECHAS
Os Bolechas achegáronse de novo este ano á nosa escola a través de diferentes guías e contos, que nos axudan a descubrir o noso entorno e desenvolver actitudes axeitadas de respecto e voluntariado no noso alumnado, estas personaxes chegaron á nosa escola grazas á colaboración do Consorcio Galego e ó servizo de Voluntariado e Participación do Concello de Ribas de Sil e da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
CHARLAS SOBRE O CONSUMO
DÍA 11 DE ABRIL.
Nesta xornada escoitamos con gran satisfacción os consellos que nos ofreceron dende a Escola Galega de Consumo sobre a publicidade, os xoguetes e o consumo.
Nesta xornada escoitamos con gran satisfacción os consellos que nos ofreceron dende a Escola Galega de Consumo sobre a publicidade, os xoguetes e o consumo.
A Escola Galega de Consumo
como promotora de formación e innovadora, axeitándose ás novas
realidades de consumo achega o programa CORES, Educación para o Consumo Responsable coa finalidade de dar resposta ás demandas formativas sociais da
cidadanía en materia de consumo en función
da súa posición de vixía das tendencias de consumo actual. O
programa pretende acercar a educación en materia de consumo
responsable ao maior número de destinatarios posible, adaptándose ás
súas necesidades.
· Nos obradoiros as distintas temáticas trabállanse a través de dinámicas que amosan situacións de consumo da vida cotiá.
· Na Charla
participativa: as distintas temáticas trabállanse a través dunha
explicación oral, apoiadas cunha presentación audiovisual de maneira que
se facilite a participación do alumnado.
LECTURAS DOS VENRES
Cada venres temos unha importante visita na nosa clase, é un momento moi agardado por todas e todos, poto que un dos maiores do cole visita o recantos dos contos na aula de infantil para ler unha aventura aos máis pequechos. Un xeito máis de fomentar a lectura na nosa língua e disfrutar da mellor das compañas.
SEMANA ESCOLAR DA ÁRBORE E DA AUGA
O VENRES 23 DE MARZO, tivemos a sorte de compartir con Miguel Soutelo, Alcalde de Ribas de Sil e Deputado provinvial, unha actividade na que se plantou un "Salgueiro", unha árbore que agardamos nos acompañe nos próximos anos e á que coidaremos con agarimo para que medre con nós. Esta actividade celébrase con motivo dos días mundiais adicados á árbore e á auga, elementos fundamentais na natureza e na que grazas á colaboración coa Deputación de Lugo participamos xunto con outros 15.000 alumnos e alumnas da nosa provincia. Na que sentregaron distintos exemplares dos contos " A auga, o dragón e o salgueiro" e " A invención do Salgueiro", QUE GUSTARON MOITO AOS NOSOS NENOS E QUE NOS SERVIRON PARA FACER UNHA LECTURA APADRIÑADA DOS MAIORES DO COLE AOS MÁIS PEQUENOS..
O pasado ano vivimos desequilibios climáticos, como a seca e os incendios forestais, moi preocupantes. Motivo polo que se centrou este ano a intervención en coñecer o ciclo da auga e ao mesmo tempo se tratou a necesidade de coidar os noso bosques e prados. Así, elexiuse este ano un salgueiro que ten unha clara relación con ambos.
O pasado ano vivimos desequilibios climáticos, como a seca e os incendios forestais, moi preocupantes. Motivo polo que se centrou este ano a intervención en coñecer o ciclo da auga e ao mesmo tempo se tratou a necesidade de coidar os noso bosques e prados. Así, elexiuse este ano un salgueiro que ten unha clara relación con ambos.
luns, 16 de abril de 2018
"SEMENTAR, SEMENTAREI" xornada I
O mércores 21 de
marzo, o 2º Grupo, asistimos á primeira das xornadas do programa de educación ambiental
"Sementar, Sementarei", na que se reuniron 279 escolares
acompañados de 27 profesores.Esta actividade está organizada en colaboración co GDR Ribeira Sacra- Courel.
Sinalar cos obradoiros se fixeron no viveiro de Os Trollos. Cada centro participa nos diferentes obradoiros e comparteos con outros. A primeira xornada organizanronse
5 polos que foron rotando os alumnos en grupos aproximados de
20 alumnos e tratan de:
Visita Aula Forestal Os Trollos
Sementar, Sementarei: onde os alumnos realizan unha prantación nunha maceta biodegradable que personalizan e poden levar
Xermolo de Vida:
aprenden as dificultades da rexeneración inicial dun monte,
problemática coas sementes e aprenden unha forma de solventar este
contratempo.
Coa semente ás costas: onde personalizan unha mochila de algodón, que se levan como recordo da actividade
Comedeiro de aves:
aprenden os problemas que sofren as aves tras un incendio, ven
diversos comedeiros e alimentos para aves, e realizan o seu propio
comedeiro con materiais reciclabes.
Estamos todos xa agardando pola segunda xornada.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)