PAGINAS

venres, 20 de abril de 2018

SEMANA ESCOLAR DA ÁRBORE E DA AUGA

O VENRES 23 DE MARZO, tivemos a sorte de compartir  con Miguel Soutelo, Alcalde de Ribas de Sil e Deputado provinvial, unha actividade na que se plantou un "Salgueiro", unha árbore que agardamos nos acompañe nos próximos anos e á que coidaremos con agarimo para que medre con nós. Esta actividade celébrase con motivo dos días mundiais adicados á árbore e á auga, elementos fundamentais na natureza e na que grazas á colaboración coa Deputación de Lugo participamos xunto con outros 15.000 alumnos e alumnas da nosa provincia. Na que sentregaron distintos exemplares dos contos " A auga, o dragón e o salgueiro" e " A invención do Salgueiro", QUE GUSTARON MOITO AOS NOSOS NENOS E QUE NOS SERVIRON PARA FACER UNHA LECTURA APADRIÑADA DOS MAIORES DO COLE AOS MÁIS PEQUENOS..

O pasado ano vivimos desequilibios climáticos, como a seca e os incendios forestais, moi preocupantes. Motivo polo que se centrou este ano a intervención en coñecer o ciclo da auga e ao mesmo tempo se tratou a necesidade de coidar os noso bosques e prados.  Así, elexiuse este ano un salgueiro que ten unha clara relación con ambos.








Ningún comentario:

Publicar un comentario