PAGINAS

domingo, 28 de maio de 2017

VIAXE A LALÍN

O venres 26 de maio estivemos de viaxe visitando a Casa do Patrón de Codeseda en Lalín, alí puidemos ver o Museo Etnográfico e facer un obradoiro de cerámica. O tempo non non axudou moito pois tronou e choveu a amior parte do tempo polo que non se pudo realizar a actividade da visita ao castro, pero despois de todo foi un día moi entretido. Neste video non hai moita variedade de fotos, posto que alí non nos deixaban facelas, e as que vemos aquí pertencen á páxina deles de internet.
Foi unha viaxe divertida na que disfrutamos coñecendo parte da historia e das orixes da xente na nosa terra e a cultura galega.

mércores, 17 de maio de 2017

LETRAS GALEGAS 2017

NA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS NA NOSA ESCOLA FESTEXAMOS A SORTE DE TER UNHA LÍNGUA PROPIA, DE CONTAR CON BOS TITIRITEIROS, BOS LIBROS NA NOSA LÍNGUA E AINDA E MELLORES CONTACONTOS.

mércores, 3 de maio de 2017

APRENDENDO A COIDARNOS

Coa axuda de Mª Jesús, unha  fisioterapeuta de Quiroga experta no tema, esta tarde de maio aprendemos a controlar as posturas do noso corpo, á hora de sentarnos nas cadeiras, levar o peso das nosas mochilas, camiñar pola rúa ou incluso durmir na cama pola noite. Estamos moi agradecidos pola súa xenerosa visita.