PAGINAS

venres, 9 de febreiro de 2018

ENTROIDO 2018

No tempo do Entroido chega ata o noso cole o Meco, e como cada ano con el aparece a algarabía e o xogo cos disfraces, os Compares, as Comadres, e como non, boa comida típica de Entroido e festa rachada.





LÍNGUAS POLA PAZ 2018

Na derradeira semana de xaneiro levamos a cabo na nosa escola diferentes actividades para traballar un asunto moi importante: O fomento dunha convivencia en Paz e Harmonía. 
Desta vez fixemos unha aposta pola convivencia e a conservación de distintas línguas que representan a diferentes culturas, co lema "TODOS LOITAMOS POLO MESMO".







DISFRUTANDO DAS LECTURAS

Cada venres as nenas e nenos de primaria veñen lernos un contiño aos da clase de infantil. É unha actividade que estamos agardando toda a semana, encántanos escoitalos e festexamos cada día a súa visita con moita ledicia. Que vivan os contos!.