Tempo de castañas, tempo de magosto. Estrenamos os xogos no patio cos amigos e queda, xa que logo, un día memorable para a lembranza. Fermoso outono e agarimosa a nosa escola.
domingo, 15 de novembro de 2015
O SAMAÍN 2015
Festas e cabazas, todo un éxito de participación nesta nosa escola. Contos de medo, Cabazas talladas, Maquillaxes terroríficos, Disfraces arrepiantes, Diplomas, Música e Festa. Unha pasada de divesión... Xa estamos desexando que volva o do próximo ano.
OBRADOIRO DE PINTURA COAS FAMILIAS
Esta actividade pretende mellorar o entorno da nosa escola e ao mesmo tempo proporcionarnos a oportunidade de recuperar moitos dos xogos tradicionais para o noso patio, cos que xogamos e disfrutamos todos xuntos.
Esta actividade será levada a cabo en varias fases e realizase grazas á colaboración desinteresada das FAMILIAS, sen as cales non sería posible facelo e do concello de Ribas de Sil.
GRAZAS A TODAS E TODOS.
GRAZAS A TODAS E TODOS.
PRESENTACIÓN
Nesta primeira entrada queremos dar a benvida todos aqueles que nos visitan. Este pretende ser un espazo onde podamos dar a coñecer á comunidade educativa aquelas actividades, xogos, melloras e ideas que nos vaian xurdino ao longo do tempo e, ao memso tempo recoller aquelas suxerencias que nos podades facer e que redunden na mellora de todos como persoas e/ou colectivo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)