PAGINAS

luns, 28 de maio de 2018

TRASPLANTANDO O XARDÍN DE INTERIOR

O ano pasado pu´xemonos a plantar as primeiras plantiñas para montar o noso xardín interior do cole e este ano que xa medraron moito chegou o momento de trasplantalas para que sigan medrando e collendo forza. Para iso trouxemos cada un de nós unha bolsa de terra da casa e mesturámola co compost.








sábado, 26 de maio de 2018

Sementando patacas

Desta volta tocounos aprender sobre patacas, así utilizamos esta actividade para investigar sobre elas e descubrimos que unhas das máis antigüas son as moradas que ademais de bonitas e raras son moi nutritivas e saborosas. Sementamos patacas brancas e tamén das moradas para que nazan e poder velas medrar na nosa horta ao lado das lentellas, a cabazas e demais froitos que xa temos nacidos, dentro dunhas semanas.





Sabela Contacontos

Desta vez puidemos disfrutar dun fermoso contacontos na nosa biblioteca e no que mentras Sabela nos ía contando a historia, puidemos participar e dramatizar. Tempo de risas e xogos, tempo de letras e historias. Pero sobre todo, fermosos intres para todos.




Visita a Fervenzaventura- Silleda

Marchamos de excursión todos xuntos!, o día 14 de maio viaxamos ata Silleda para pasalo día disfrutando das instalacións de Fervenzaventura. Foi un día moi intenso con moitas vivencias que recordaremos durante bastante tempo. Pola mañá adicámonos a visitar a granxa de animais para prender os seus nomes, cracterísticas e os coidados que precisan. Logo visitamos o horto ecolóxico no que obsevamos as propiedades que ten un horto destas características e no que tamén nos propuxeron plantar un bancal de leitugas. Qué sorte poder ir xa practicando e así aprender tantas cousas interesantes, cousas que poderemos logo aplicar ao noso propio horto, ese que estamos a construir no noso colexio.
Despois de xantar foi tempo de amasar o pan e cocer no forno os nosos bolicos que logo levamos para a merenda na casa. E como colofón tempo de xogos cunha "Gimcana no bosque" para  os maiores e xogos tradicionais para os máis pequechos.








AMASANDO PASTA DE SAL

Aprender a ler cales son os ingredientes que se necesitan e descifrar unha receita para poder seguir os pasos na súa elaboración son algúns dos requisitos imprescindibles para poder facer este obradoiro no que amasar a pasta de sal era o argumento principal para facer unha actividade de animación á lectura e traballo en equipo. Gustou moito e estendeuse a súa duración por varias semanas.  Seguro que repetiremos!.






O DÍA DA 1ª COLLEITA

Nas semanas anteriores plantaramos no noso patio amorodos, logo de aprender un montón de cousas sobre os coidados necesarios sacando as herbas malas, regando... e agora en maio puidemos recoller xa os primeiros froitos do noso traballo. Todo un acontecemento, poder recoller e degustar o froito foi unha experiencia moi satisfactoria  para todos nós.





CONCERTO DIDÁCTICO

A visita de Abraham Cupeiro ao noso centro o día 2 de maio trouxonos a todos ledicia e bo humor, ademais dun percorrido pola evolución dos instrumentos musicais ao longo da historia do ser humano, que nos deixou a todos coa boca aberta, Foi todo un descubremento! Para nós e para as familias que nos quixeron acompañar nesta actividade con tanto  ritmo e diversión e que se puido realizar grazas á colaboración do concello de Ribas de Sil.