PAGINAS

sábado, 12 de decembro de 2015

UNHA POSTAL PARA O NADAL

Selección das mellores imaxes das Postais en Galego, deste Nadal 2015, elaboradas polas nenas e nenos do Ceip de San Clodio, desexándonos a todos un Bo Nadal e unhas Felices Festas.
FERMOSAS E ORIXINAIS!.
NORABOA A TODAS E TODOS.

TÍTERES DE NADAL

O mércores día 3 de decembro tivemos no cole a visita dun teatriño especial, un teatro de títeres que nos viñeron a ofrecer os rapaces de Mircromina, cun fermoso espectáculo coa  obra " Martín, Martín". Foi unha mañá de risas e na que puidemos aprender da man de Martín que ser un mesmo é fundamental na vida.




Esto foi posible grazas a unha aportación da área de cultura da Deputación de Lugo en colaboración coa Asociación " Tanque de Zinc".

domingo, 15 de novembro de 2015

MAGOSTO 2015

Tempo de castañas, tempo de magosto. Estrenamos os xogos no patio cos amigos e queda, xa que logo, un día memorable para a lembranza. Fermoso outono e agarimosa a nosa escola.

O SAMAÍN 2015

Festas e cabazas, todo un éxito de participación nesta nosa escola.  Contos de medo, Cabazas talladas, Maquillaxes terroríficos, Disfraces arrepiantes, Diplomas, Música e Festa. Unha pasada de divesión... Xa estamos desexando que volva o do próximo ano.


OBRADOIRO DE PINTURA COAS FAMILIAS

Esta actividade pretende mellorar o entorno da nosa escola e ao mesmo tempo proporcionarnos a oportunidade de recuperar moitos dos xogos tradicionais para o noso patio, cos que xogamos e disfrutamos todos xuntos. Esta actividade será levada a cabo en varias fases e realizase grazas á colaboración desinteresada das FAMILIAS, sen as cales non sería posible facelo e do concello de Ribas de Sil.

GRAZAS A TODAS E TODOS.



PRESENTACIÓN

Nesta primeira entrada queremos dar a benvida todos aqueles que nos visitan. Este pretende ser un espazo onde podamos dar a coñecer á comunidade educativa aquelas actividades, xogos, melloras e ideas que nos vaian xurdino ao longo do tempo e, ao memso tempo recoller aquelas suxerencias que nos podades facer e que redunden na mellora de todos como persoas e/ou colectivo.