PAGINAS

domingo, 24 de novembro de 2019

A HORTA É VIDA

As nenas e nenos de infantil estamos neste trimestre inmersos nun Proxecto de investigación sobre diversos aspectos sobre como é o funcionamento dun Horto Escolar. E así foi como nos xurdíu a idea de elaborar un mural para a entrada da nosa escola que recolla a diversidade de especies vivas e as necesidades e características a destacar que todo horto necesita. deste xeito descubrimos que todo no horto está repleto de vida. Dende o chan, o aire e como non as plantas que nel se atopan.

Aquí vos ensinamos o fermoso que nos quedou.




PROXECTO DE COMPOSTAXE

O luns 18  achegouse ata a escola David, un técnico ambiental experto na elaboración de compost, que nos axudou a montar os composteiros no horto e a poñer en marcha o proxecto de compostaxe no que o Ceip de San Clodio participa xunto con outros colexios de todo Galicia. Ademais ensinounos a facer compost utilizando as peles das froitas que comemos nos recreos, os restos orgánicos da nosa cociña, as follas secas das árbores do patio.... e puidemos ademais utilizalo compost para plantar a semente dunha árbore que levamos logo para a casa e que deberemos coidar para que medre pronto.
Deste xeito participamos ademais na Semana Europea da Prevención de Residuos.










TEATRO EN LUGO

O 11 de novembro marchamos de visita a Lugo, para disfrutar dunha obra de teatro no Auditorio Municipal Gustavo Freire. A primeira hora da mañá collemos o bus para ir a ver a Obra de tetro "Radio Pirata",  logo comemos uns bocatas e disfrutamos dun anaco de xogo libre no Parque cuberto no paseo fluvial do río Miño.



TÍTERES NO CONCELLO

o día 8 de novembro tivemos unha sesión de títeres no salón de usos multiples grazas á colaboración do concello de Ribas de Sil, foi unha actividade de animación á lectura que nos ofreceron o grupo Trécola, moi divertida e formativa ao mesmo tempo.





SEMENTEIROS DE PEREXIL

Estamos no mes de novembro, este ano un mes no que chove a chuzos e a diario, o que dificulta un pouco as nosas labores no horto, pero ainda así nós seguimos traballando e esta semana tocou facer sementeiors de perexil, así mercamos a sementes, observámolas, aprendemos cales son as necesidades de luz solar, auga e temperatura desta planta,  puxémolas na terra ao quentiño e logo de regalas colocámolas xunto a fiestra da nosa clase. Agora toca agardar a que xerminen.






SAMAIN

 Chegamos á última semana de outubro, na que festexamos o día da Bilioteca e o Samaín- Halloween, nesta ocasión elaboramos uns marcapáxinas terroríficos.....




inventamos contos de medo traballando en equipo .....






Decoramos cabazas medorentas....



e tivemos xogos e disfraces aterradores rondando todo o día pola escola.

Moi ben o pasamos!

OS BOLECHAS NA ESCOLA

O luns 21 de outubro pasou pola nosa escola Braulio un dos irmáns Bolechas, para gravar un programa da serie de Brauliotubers, que se emitirá dentro dunhas semanas. así tamén aprendemos como se grava un programa de video, xa estamos desexando vernos na pantalla.