PAGINAS

sábado, 23 de novembro de 2019

ENTENDENDO QUE É A POLÍTICA

O día 17 de outubro achegámonos ata o concello para coñecer de primeira man que é, como funciona a política, e como influe en nós e noso entorno as decisións que se toman cada día nos concellos e outros órganos de goberno. Contamos para iso coa inestimable colaboración dos funcionarios e o persoal do concello, os concelleiros Roberto de Rosi e o noso Alcalde Miguel Sotuela. A todos eles queremos agradecerlles o seu ben facer, nunha xornada na que ademais de aprender moitas cousas novas e interesantes nos divertimos moito. Coñecer as nosas isntitucións fainos a todos un pouco máis abios e tamén máis responsables.




Ningún comentario:

Publicar un comentario