Estamos no mes de novembro, este ano un mes no que chove a chuzos e a diario, o que dificulta un pouco as nosas labores no horto, pero ainda así nós seguimos traballando e esta semana tocou facer sementeiors de perexil, así mercamos a sementes, observámolas, aprendemos cales son as necesidades de luz solar, auga e temperatura desta planta, puxémolas na terra ao quentiño e logo de regalas colocámolas xunto a fiestra da nosa clase. Agora toca agardar a que xerminen.





Ningún comentario:
Publicar un comentario