O 26 de stembro fixemos a primeira sída deste curso ao Xeoparque Montañas do Courel, para achegarnos a unha das rutas máis fermosas do concello de Ribas de Sil, que permite chegar ata a Cubela. Coa compañía de membros do Concello de Ribas de Sil, da Deputación e un experto arqueólogo que nos foi explicando as fermosas historias que nos contan a spedras e paisaxes desta zona tan querida para todos nós. Foi un día moi fermoso e que disfrutamos un montón todos xuntos.




Ningún comentario:
Publicar un comentario