Xa remata o primeiro trimestre e agora que chegou o Nadal as nenas e nenos do cole de San Clodio queren desexarvos unhas felices festas a todos!.
mércores, 20 de decembro de 2017
mércores, 29 de novembro de 2017
CAMPAÑA SOLIDARIA
No Ceip de San Clodio queremos colaborar de novo este ano aportando unha pequena axuda a persoas en dificultade, por iso xuntamos roupa para colaborar cunha campaña solidaria de recollida de roupa coa asociaón Mariola Solidaria. Grazas a todos os que nos botaron unha man.
FESTAS DO OUTONO NA ESCOLA
Este curso como nos anteriores quixemos divertirnos todos xuntos facendo festa con ocasión do Samaín e aproveitamos para degustar tamén un magostiño coas castañas cas familias puideron xuntar, con certo traballo eso si, pois este ano eran moi escasas pola sequía que estamos padecendo tamén nesta zona. Por iso lles agradecemos de corazón a súa inestimable axuda, coma sempre.
DEixamos aquí unha mostra dos nosos disfraces de medo, as cabazas terroríficas e o Conto Colectivo que elaboramos entre todas as nenas e nenos do colexio traballando en equipo. Unha preciosidade!.
DEixamos aquí unha mostra dos nosos disfraces de medo, as cabazas terroríficas e o Conto Colectivo que elaboramos entre todas as nenas e nenos do colexio traballando en equipo. Unha preciosidade!.
AVENTURA NO CAMIÑO DE INVERNO
O 4 de outubro as nenas e nenos máis maiores da escola participaron no percorrido dun
tramo do Camiño de Inverno a Santiago compartindo a experiencia con outros
nenos e nenas de centros de diferentes localidades. E aquí tedes unhas fotos desta andaina e da posterior visita ao Pazo de Arxeriz. Unha fermosa aventura.
TAREFAS DE OUTONO NA ESCOLA
AS NENAS E NENOS DO CEIP DE SAN CLODIO ESTAMOS MOI ORGULLOSOS DO NOSO COLE E COLABORAMOS TRABALLANDO NAS TAREFAS DO NOSO XARDÍN.
venres, 9 de xuño de 2017
REVISTA ANDURIÑA 2017
Aquí temos a seguinte Anduriña, a nova revista deste ano 2017, agardamos que vos guste moito.
Bo verán a todos!
Bo verán a todos!
domingo, 28 de maio de 2017
VIAXE A LALÍN
O venres 26 de maio estivemos de viaxe visitando a Casa do Patrón de Codeseda en Lalín, alí puidemos ver o Museo Etnográfico e facer un obradoiro de cerámica. O tempo non non axudou moito pois tronou e choveu a amior parte do tempo polo que non se pudo realizar a actividade da visita ao castro, pero despois de todo foi un día moi entretido. Neste video non hai moita variedade de fotos, posto que alí non nos deixaban facelas, e as que vemos aquí pertencen á páxina deles de internet.
Foi unha viaxe divertida na que disfrutamos coñecendo parte da historia e das orixes da xente na nosa terra e a cultura galega.
Foi unha viaxe divertida na que disfrutamos coñecendo parte da historia e das orixes da xente na nosa terra e a cultura galega.
mércores, 17 de maio de 2017
LETRAS GALEGAS 2017
NA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS NA NOSA ESCOLA FESTEXAMOS A SORTE DE TER UNHA LÍNGUA PROPIA, DE CONTAR CON BOS TITIRITEIROS, BOS LIBROS NA NOSA LÍNGUA E AINDA E MELLORES CONTACONTOS.
mércores, 3 de maio de 2017
APRENDENDO A COIDARNOS
Coa axuda de Mª Jesús, unha fisioterapeuta de Quiroga experta no tema, esta tarde de maio aprendemos a controlar as posturas do noso corpo, á hora de sentarnos nas cadeiras, levar o peso das nosas mochilas, camiñar pola rúa ou incluso durmir na cama pola noite. Estamos moi agradecidos pola súa xenerosa visita.
sábado, 15 de abril de 2017
COLABORAMOS NUNHA CAMPAÑA SOLIDARIA
Ao longo da 1ª semana de abril na nosa escola levamos a cabo unha actividade de recollida de roupa e calzado usados para colaborar con Mariola Solidaria, que está a realizar unha campaña solidadria en beneficio da ONG GLOBAL HUMANITARIA en países como a India e Guatemala.
Na campaña do 2017 o proxecto co que van a colaborar é o "FOGAR DE ACOLLIDA FULTALA, BARUIPUR" na India. O Proxecto consiste en proporcionar atención integral a 35 nenas en situación de vulnerabilidade a través deste fogar, que leva funcionando dende maio do 2003 e que está xestionado por BSSK e Global Humanitaria. As beneficiarias son as nenas que vivían nas estacións do tren e nas chabolas adxacentes de Calcuta e Baruipur. Tamén se ofrece apoio a nenas que carecen de familiares ou que se ven incapacitados para ocuparse delas e, polo tanto, viven en absoluto estado de desproteción e falla de dereitos básicos.
Para máis información poden dirixirse ao teléfono 96 6516656 ou ao correo electrónico info@esmariola.com.

venres, 14 de abril de 2017
CONVIVENCIA CO CEIP DA POBRA DO BROLLÓN
O día 31 de marzo, tivemos de novo no noso cole unha visita das máis agardadas do ano, ás nosas amigas e amigos do Ceip da Pobra do brollón, para pasar un día ben divertido e disfrutar todos xuntos.
Para darlles a benvida fixemos unha paancarta e unhas palabras de acollida. Despois dun pequeno aperitivo fomos xuntos cara o concello para disfrutar da actuación de Migallas, ao voltar os maiores disputamos un partido de fútbol e tivemos un obradoiro para os máis pequechos na nosa biblioteca, logo comemos, intercambiamos uns pequenos agasallos e xa chegou o tempo da despedida cunha foto de grupo para lembrar este fermoso día. Paounos o tempo voando....
Xa estamos agardando que chegue a ocasión de xuntarnos de novo o ano que vén.

luns, 3 de abril de 2017
A MIÑA TERRA GALEGA PINTADA
Dentro das actividades que podemos facer co galego está a de observar a nosa Terra Galega e logo con moito agarimo pintala a ela e ás súas costumes.
mércores, 1 de marzo de 2017
AS TREPADORAS DO PATIO DE INFANTIL
Aproveitando estes fermosos días de bo tempo que nos regalou o mes de febreiro, as nenas e nenos de infantil botamos mande de luvas e sachos para adicarnos a fecer unha plantación de edras e outras trepadoras como xazmín e madresilvas, coas que queremos engalanar os muros do patio de infantil.
Así primeiro sachamos e abonamos a terra, para despois plantar e regar as nosas preciosas plantiñas, ás que nos vindeiros meses coiadremos con moito agarimo.
Así primeiro sachamos e abonamos a terra, para despois plantar e regar as nosas preciosas plantiñas, ás que nos vindeiros meses coiadremos con moito agarimo.
ENTROIDO ROCKEIRO
Como cada ano cando chega o tempo de Entroido na nosa escola adicámonos a disfrutalo intensamente. Así este ano, empezamos por celebrar os Xoves de Compadres e Comadres, facendo os nosos respectivos coa axuda das familias. Achegámonos tamén a coñecer de preto ás Pantallas de Xinzo de Limia, unha das figuras máis representativas do Entroido Galego.
Ademais chegou á escola como en anos anteriores O Meco, que nesta ocasión viña moi rockeiro e durante a semana enteira nos invitou a engalanarnos con diveritodos complementos, rockeiros como non.
E para rematar a semana o día 24 celebramos unha festa na que xogamos e nos divertimos cos compañeriros e á que se achegaron a disfrutar tamén as familias.

CHARLA INFORMATIVA DO SEPRONA
Dentro do Programa Voz Natura temos a sorte de poder contar coa posibilidade de cos axentes do Seprona, se acheguen ata o noso centro. Así este ano, o día 8 de febreiro, puidemos coñecer de preto cal é súa a labor de protección do medio ambiente e aprender cómo podemos colaborar nós a esta tarefa tan importante para todos.
DÍA DA PAZ
Como cada ano o día 30 de Xaneiro conmemorase o Día da Paz e a Non Violencia en todo o mundo, e nós quixemos este ano unirnos tamén á celebración desta data tan importante, para iso xuntámonos todos na bilbioteca do cole, alí escoitamos aos nenos e nenas do 2º grupo de primaria interpretar o Himno da Alegría, e logo compartimos cos demais as nosas cartas, poemas e debuxos que con motivo desta data lles imos enviar aos nenos e nenas do Ceip Ricardo Gasset de O incio, onde lles contamos qué é para nós A PAZ, para así intercambiar opinións con outros nenos e nenas sobre este tema.
CHARLA SOBRE RACISMO E XENOFOBIA
O día 29 de xaneiro tivemos con nós no cole a Ramón, un membro do corpo da Garda Civil, que nos veu a explicar moitas cousas interesantes sobre o racismo e a xenofobia aos nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de primaria. Unha charla informativa incluída como en anos anteriores no Plan Director. Estas son algunhas imaxes do día.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)