Este curso como nos anteriores quixemos divertirnos todos xuntos facendo festa con ocasión do Samaín e aproveitamos para degustar tamén un magostiño coas castañas cas familias puideron xuntar, con certo traballo eso si, pois este ano eran moi escasas pola sequía que estamos padecendo tamén nesta zona. Por iso lles agradecemos de corazón a súa inestimable axuda, coma sempre.
DEixamos aquí unha mostra dos nosos disfraces de medo, as cabazas terroríficas e o Conto Colectivo que elaboramos entre todas as nenas e nenos do colexio traballando en equipo. Unha preciosidade!.
Ningún comentario:
Publicar un comentario