Aproveitando estes fermosos días de bo tempo que nos regalou o mes de febreiro, as nenas e nenos de infantil botamos mande de luvas e sachos para adicarnos a fecer unha plantación de edras e outras trepadoras como xazmín e madresilvas, coas que queremos engalanar os muros do patio de infantil.
Así primeiro sachamos e abonamos a terra, para despois plantar e regar as nosas preciosas plantiñas, ás que nos vindeiros meses coiadremos con moito agarimo.
mércores, 1 de marzo de 2017
ENTROIDO ROCKEIRO
Como cada ano cando chega o tempo de Entroido na nosa escola adicámonos a disfrutalo intensamente. Así este ano, empezamos por celebrar os Xoves de Compadres e Comadres, facendo os nosos respectivos coa axuda das familias. Achegámonos tamén a coñecer de preto ás Pantallas de Xinzo de Limia, unha das figuras máis representativas do Entroido Galego.
Ademais chegou á escola como en anos anteriores O Meco, que nesta ocasión viña moi rockeiro e durante a semana enteira nos invitou a engalanarnos con diveritodos complementos, rockeiros como non.
E para rematar a semana o día 24 celebramos unha festa na que xogamos e nos divertimos cos compañeriros e á que se achegaron a disfrutar tamén as familias.
Ademais chegou á escola como en anos anteriores O Meco, que nesta ocasión viña moi rockeiro e durante a semana enteira nos invitou a engalanarnos con diveritodos complementos, rockeiros como non.
E para rematar a semana o día 24 celebramos unha festa na que xogamos e nos divertimos cos compañeriros e á que se achegaron a disfrutar tamén as familias.
CHARLA INFORMATIVA DO SEPRONA
Dentro do Programa Voz Natura temos a sorte de poder contar coa posibilidade de cos axentes do Seprona, se acheguen ata o noso centro. Así este ano, o día 8 de febreiro, puidemos coñecer de preto cal é súa a labor de protección do medio ambiente e aprender cómo podemos colaborar nós a esta tarefa tan importante para todos.
DÍA DA PAZ
Como cada ano o día 30 de Xaneiro conmemorase o Día da Paz e a Non Violencia en todo o mundo, e nós quixemos este ano unirnos tamén á celebración desta data tan importante, para iso xuntámonos todos na bilbioteca do cole, alí escoitamos aos nenos e nenas do 2º grupo de primaria interpretar o Himno da Alegría, e logo compartimos cos demais as nosas cartas, poemas e debuxos que con motivo desta data lles imos enviar aos nenos e nenas do Ceip Ricardo Gasset de O incio, onde lles contamos qué é para nós A PAZ, para así intercambiar opinións con outros nenos e nenas sobre este tema.
CHARLA SOBRE RACISMO E XENOFOBIA
O día 29 de xaneiro tivemos con nós no cole a Ramón, un membro do corpo da Garda Civil, que nos veu a explicar moitas cousas interesantes sobre o racismo e a xenofobia aos nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de primaria. Unha charla informativa incluída como en anos anteriores no Plan Director. Estas son algunhas imaxes do día.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






