Como cada ano cando chega o tempo de Entroido na nosa escola adicámonos a disfrutalo intensamente. Así este ano, empezamos por celebrar os Xoves de Compadres e Comadres, facendo os nosos respectivos coa axuda das familias. Achegámonos tamén a coñecer de preto ás Pantallas de Xinzo de Limia, unha das figuras máis representativas do Entroido Galego.
Ademais chegou á escola como en anos anteriores O Meco, que nesta ocasión viña moi rockeiro e durante a semana enteira nos invitou a engalanarnos con diveritodos complementos, rockeiros como non.
E para rematar a semana o día 24 celebramos unha festa na que xogamos e nos divertimos cos compañeriros e á que se achegaron a disfrutar tamén as familias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario