Ao longo da 1ª semana de abril na nosa escola levamos a cabo unha actividade de recollida de roupa e calzado usados para colaborar con Mariola Solidaria, que está a realizar unha campaña solidadria en beneficio da ONG GLOBAL HUMANITARIA en países como a India e Guatemala.
Na campaña do 2017 o proxecto co que van a colaborar é o "FOGAR DE ACOLLIDA FULTALA, BARUIPUR" na India. O Proxecto consiste en proporcionar atención integral a 35 nenas en situación de vulnerabilidade a través deste fogar, que leva funcionando dende maio do 2003 e que está xestionado por BSSK e Global Humanitaria. As beneficiarias son as nenas que vivían nas estacións do tren e nas chabolas adxacentes de Calcuta e Baruipur. Tamén se ofrece apoio a nenas que carecen de familiares ou que se ven incapacitados para ocuparse delas e, polo tanto, viven en absoluto estado de desproteción e falla de dereitos básicos.
Para máis información poden dirixirse ao teléfono 96 6516656 ou ao correo electrónico info@esmariola.com.
Ningún comentario:
Publicar un comentario