O mércores 21 de
marzo, o 2º Grupo, asistimos á primeira das xornadas do programa de educación ambiental
"Sementar, Sementarei", na que se reuniron 279 escolares
acompañados de 27 profesores.Esta actividade está organizada en colaboración co GDR Ribeira Sacra- Courel.
Sinalar cos obradoiros se fixeron no viveiro de Os Trollos. Cada centro participa nos diferentes obradoiros e comparteos con outros. A primeira xornada organizanronse
5 polos que foron rotando os alumnos en grupos aproximados de
20 alumnos e tratan de:
Visita Aula Forestal Os Trollos
Sementar, Sementarei: onde os alumnos realizan unha prantación nunha maceta biodegradable que personalizan e poden levar
Xermolo de Vida:
aprenden as dificultades da rexeneración inicial dun monte,
problemática coas sementes e aprenden unha forma de solventar este
contratempo.
Coa semente ás costas: onde personalizan unha mochila de algodón, que se levan como recordo da actividade
Comedeiro de aves:
aprenden os problemas que sofren as aves tras un incendio, ven
diversos comedeiros e alimentos para aves, e realizan o seu propio
comedeiro con materiais reciclabes.
Estamos todos xa agardando pola segunda xornada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario