PAGINAS

mércores, 24 de abril de 2019

UNHA VIAXE A LUGO

Foi un día de moitas sorpresas, unhas mellores e outras un pouco menos.
Empezamos o día nunha viaxe en bus, o que sempre nos anima a todos e que nos encanta compartir. Ao chegar a Lugo collemos forzas cun plátano e un zume para aguantar toda a mañá antes de entrar a disfrutar da obra de teatro que mestura música e danza " Burbullas de papel" no auditorio Gustavo Freire, houbo algo de retraso ao empezar pois tivemos que agardar por un dos coles cos que compartimos o día.
Dende alí marchamos cara o Museo Provincial onde nos ofreceron a posibilidade de disfrutar dunha exposición de elementos da prehistoria atopados en varias covas dun dos xacementos máis importantes do noroeste peninsular e logo participamos en dous obradoiros que nos permitiron coñecer de primeira man cousas ben interesantes sobre a evolución dos seres humáns.
Cando saimos do museo era xa ben tarde. Quedámonos sen tempo para achegarnos ao parque fluvial onde queriamos comer os bocatas, pero oh sorpresa! esquecerámolos no cole,  así que comemos as mazás e as galletas de chocolate que tiñamos, pois ainda que quixeramos ir a mercar outros bocadillos xa non tiñamos tempo para poder voltar á casa a tempo. Fixemos o camiño de volta e comemos os nosos bocatas esquecidos ao chegar á escola. A próxima vez teremos que ter mellor memoria, pero seguro que despois desta non se nos volven a quedar na neveira. A pesar de todo aproveitamos ben o día e pasámolo en grande cos nosos amigos e amigas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario