Este foi un proxecto de traballo no que estivemos investigando sobre o mundo das abellas e a produción do mel. Primeiro as nenas e nenos de infantil levaron a cabo unha investigación durante varias semanas e foron facendo un mapa conceptual e xuntando materiais que máis tarde comprtiron cos seus compañeiros maiores do resto dos cursos do cole. E finalizamos coa Charla que veu a ofrecernos a Cooperativa de Mel de Galicia, que nos ensinou o que é unha colmea como traballan as abellas, cal é afunción dos apicultores e por último uns agasalliños estupendos: mel, globos.... Foi toda unha ventura descubrir como funciona o mundo destaes animaliños tan importantes para nós e para o planeta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario