PAGINAS

sábado, 1 de xuño de 2019

CONCERTO DIDÁCTICO


Pablo Carpìntero foi o encargado de darnos a coñecer diferentes instrumentos musicais galegosPara iso fixo que as nenas e nenos os seus profes e a familias que se achegaron ata o salón de actos do concello puidesen facer unha viaxe incrible dende os albores do desenvolvemento humano e a aparición da música ata os nosos días, e para todo iso so tivo que facer soar distintos instrumentos musicais, deste xeito realizou un excelente percorrido ao longo da evolución da humanidade e a historia da música. Disfrutamos e aprendemos todas e todos un montón.


Ningún comentario:

Publicar un comentario