O día tres de 3 xuño os de Primaria foron de ruta cos seus profes. Con esta actividade na que se reuniron as nenas e nenos dos tres concellos, preténdese concienciar aos máis pequenos da importancia de coidar o seu entorno natural, co primeiro Encontro dos Xeopícaros das Montañas do Courel, que reuniu aos 240 alumnos dos respectivos centros educativos e que incluiu unhavisita guiada ao mirador xeolóxico de Campodola-Leixazós e unha ruta polo Xeoparque. Fixo bastante calor pero viñeron moi contentos cos seus agasallos e coa experiencia dunha ruta a pé compartida entre todos.


Ningún comentario:
Publicar un comentario