PAGINAS

sábado, 1 de xuño de 2019

O NOSO HORTO NA PRIMAVERA

E como non podía ser doutro xeito seguimos coas tarefas de plantación, regadío e outros coidados no noso horto, no que neste momento xa nos están medrando as fabas, os tomates, as cebolas, as leitugas, acelgas, framboesas, cabaciñas e cabazas. Tdodo iso grazas ao esforzo de todos e á grande axudas das familias que nos están apoiando día a día neste proxecto.

Esta actividade é moi importante para nós porq que nos permite facer moitas tarefas que nos conectan coa natureza, entender mellor o mundo no que vivimos, coñecer e cultivar  unha pequena parte do que comemos e aprender así alimentarnos de xeito máis equilibrado e san.





Ningún comentario:

Publicar un comentario